• eXeLearning é unha ferramenta de autor de código aberto para axudar aos docentes na creación e publicación de contidos web.
  • Os recursos elaborados con eXeLearning poden exportarse en diferentes formatos: IMS, SCORM 1.2, SCORM 2004, ePub3, HTML5... Tamén como páxinas web navegables.

Fai uns meses anunciamos o lanzamento da nova versión de eXeLearning.

Hoxe, anunciamos a posta en marcha deste espazo adicado ao novo eXeLearning.

No seu desenvolvemento colaboran diferentes institucións, e tamén persoas que amablemente seguen un espíritu colaborativo, proban a ferramenta, debaten e comparten.

eXeLearning é software libre. A participación está aberta a toda a comunidade educativa.

Estades tod@s invitados a acompañarnos.