Descargas e accesos
Como queres usar eXeLearning?
Escolle unha opción e comeza a usar eXe en segundos
Accede ás instrucións para instalar nun servidor
Plugins de integración de eXeLearning

eXeLearning pode utilizarse directamente desde Moodle, Nextcloud, WordPress, Omeka S, Google Drive e OneDrive. Estas integracións permiten crear, abrir, editar e gardar recursos educativos sen instalar a aplicación de escritorio. Segundo a plataforma, tamén é posible publicalos, compartilos ou recoller as cualificacións das actividades.
Estilos
Os estilos en eXeLearning permiten personalizar facilmente a aparencia dos materiais educativos, modificando aspectos como as cores, as tipografías, as iconas e a organización visual dos contidos. A ferramenta ofrece diferentes estilos para adaptar a presentación dos proxectos ás súas características e necesidades. Ademais, permite importar estilos propios.
Os estilos dispoñibles pódense previsualizar e aplicar directamente aos contidos desde a ferramenta. Todos se poden descargar e distribúense coa licenza CC BY-SA 4.0, o que facilita a súa reutilización, adaptación e difusión.
Para quen traballa con versións anteriores, tamén seguen estando dispoñibles os estilos de eXeLearning 2.9: ver estilos.
