O teu editor de recursos educativos interactivos, libre e de código aberto

eXeLearning é unha ferramenta libre e gratuíta que permite crear recursos dixitais de xeito sinxelo con textos, imaxes, vídeos e actividades interactivas. Podes publicar e compartir os teus contidos en diferentes formatos e plataformas, mentres participas nun proxecto colaborativo que impulsa o software libre e a comunidade educativa.

Descargas

Accede á última versión de eXeLearning, estilos, plugins para Moodle e versións anteriores, todo listo para crear e personalizar os teus recursos dixitais de xeito libre e gratuíto.

Axuda

Consulta o Manual actualizado da última versión, xunto con guías, titoriais e preguntas frecuentes, para aprender a usar eXeLearning de forma rápida e sinxela.

Colabora

Únete á nosa comunidade e contribúe reportando erros e incidencias, axudando coas traducións e no desenvolvemento de novas funcións, apoiando así un proxecto de software libre feito entre todas e todos.

Por que eXeLearning?

É unha ferramenta libre e gratuíta

Grazas ao seu carácter de software aberto, calquera persoa pode utilizala, adaptala e compartila sen restricións, o que a converte nunha opción accesible e sostible para docentes, institucións e proxectos educativos de todo tipo.

Crea recursos dixitais de xeito sinxelo

Incorpora textos, imaxes, vídeos, xogos e actividades interactivas para dar vida aos teus recursos. Deseña tantas páxinas como precises e personalízaas co estilo que mellor se adapte ao teu contido.

Publica e comparte os teus contidos

Exporta o contido en distintos formatos (SCORM, html, epub…) para publicalo ou compartilo. Integra eXe online en Moodle ou noutras plataformas e publica directamente.

Participa nun proxecto colaborativo

eXeLearning é un proxecto de software libre impulsado por administracións, empresas e persoas usuarias. Grazas a quen comparte ideas, reporta erros, traduce, crea titoriais ou axuda a outras persoas, seguimos construíndo unha comunidade forte que desenvolve software feito entre todas e todos.

 

Novas

Un proxecto colaborativo

eXeLearning 3.0 é unha reimplementación moderna da ferramenta de autor orixinal eXeLearning, desenvolvida inicialmente no proxecto eXeLearning.org en Nova Zelandia e continuada posteriormente en España a través do proxecto eXeLearning.net, impulsado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes (MEFPD) a través de Cedec-INTEF e en colaboración coas administracións educativas autonómicas.

Neste proxecto, as administracións públicas e a comunidade de usuarios traballan de forma conxunta para crear unha ferramenta aberta, sostible e adaptada ás necesidades reais do profesorado, constituíndo un exemplo de cooperación e desenvolvemento colaborativo no ámbito do software libre.

COÑECER MÁIS SOBRE O PROXECTO
logoexe completo verde negro

eXeLearning

a súa comunidade

A comunidade de eXeLearning está formada por docentes, creadores e profesionais que colaboran de maneira activa, compartindo recursos, experiencias e achegando melloras. Grazas á súa participación, esta ferramenta libre mantense viva e en continua evolución, impulsando unha educación aberta e accesible para todos.